Ola de novo!
Somos os alumnos de 6º de Educación Primaria e queríamos aproveitar este espazo para desexarvos non só un Bo Nadal, senon tamén un Feliz ano 2012.
As vacacións xa chaman á porta e para celebralo nada mellor cunha "Cantiga de Reis", foi isto o que decidimos facer o noso curso para celebrar estas datas cos nosos compañeiros non só de clase, senon tamén do colexio. Querémola compartir con vós, así que aquí a deixamos:
Un saúdo a todos e que pasedes unhas BOAS FESTAS!!

No portal de Belén,
o meniño xa naceu,
o seu nome é Xesús
e a nós moi ben nos veu.
Seguindo a unha estrela,
chegaron ao portal,
as tres maxestades
con regaliños na man.
Xa chegou a Navidade,
todo é festas e alegría,
xa chegaron os Reis Magos
con incenso, ouro e mirra.
Hoxe é noite de alegría,
por iso vimos cantarvos,
se vos portástedes mal,
quedaredes sen regalos.
Hoxe é a noite de reis,
e nós vimos avisarvos,
pra que vos portedes ben
e pedirvos o aguinaldo.
Vimos a xunto de vós,
cantarvos unha cantiga,
se nos podedes dar algo,
marcharemos máis axiña.