27/9/11

O noso colexio

O noso colexio é un pouco raro, malia que iso non o priva de ser bonito. Preguntarédesvos a qué vén o de raro. Pois ben, está formado por dous edificios.  (Podedes ver as fotos de ambos na marxe esquerda deste blog). A primeira fotografía corresponde co edificio principal, que é ó seu tempo o máis grande. Nel atópanse as aulas de infantil e 1º, 2º, 3º, 4º e 6º de primaria; ademais da sala de mestres, o comedor, a biblioteca e as aulas de música, inglés e informática.
No colexio de “abaixo”, que é como lle chamamos nós, están as aulas de 5ºA, 5ºB e relixión.
Temos tamén unha aula ximnasio e unha pista cuberta, onde se levan a cabo as clases de educación física.
Antigamente, contabamos cun invernadoiro, pero xa non está en uso.
En canto ao horario, durante os meses de setembro e xuño é de xornada única. Entramos ás 9:40 e saimos ás 14:40. Mentras que o resto do ano o horario é de 9:45 a 16:10.

Os recreos son de media hora o da mañá e algo máis longo o da tarde, dependendo de cómo nos portemos no comedor. Durante este tempo, xogamos no patio, que está dividido en duas zonas. Unha é de infantil, formada por columpios, un parque e un areeiro, e o resto para primaria. O noso xogo favorito é o fútbol, pero para xogar na pista cuberta temos un horario elaborado pola mestra de educación física, de tal forma que imos rotando co resto de cursos.

Agardamos que esta entrada fora do voso interese e ata a próxima.

4 comentarios:

Iria y Silvia dijo...

A mi me gusta por el instituto está al lado de nuestro colegio, por hai dos parques para los niños pequeños,hai tambien un polideportivo cubierto.
Hai dos colegios uno más grande que otro.Desde el colegio podemos hablar con los del istituto cuando estamos en el recreo.
Para el año pasamos para el instituto.

iria dijo...

me gusta el cole de palas lo pasas muy bien en el .

aitor dijo...

Hola son aitor un rapaz de 6º do colxio de Palas de Rei a min gustame o colexio de Palas de Rei porque teño moitos amigos e etc.Querobos contar que o dia 1 eo 2 de novembro tmos o privilexio de tocar a copa do mundo a que ganou España no mundial 2010,espero que bos guste o noso colexio ata outra.

A Ulloa en fotos dijo...

Alégrame ver que, por fin, tedes blog. Erades o único colexio da comarca que quedaba sen el.

Quedades enlazados no meu blog.

Saúdos